Facendo un rugbeer

Dos EoYT á ERCC pasando pola Pro14

Written by No recuncho do sofá December 1, 2018

Green Vai unha semana remataban os Tests de novembro (AKA End of Year Tours) con Irlanda desatada pasando por riba de todos, incluidos os All Blacks, como xa fixera naquel memorable 40-29 do 2016. Pero esta vez en Lansdowne Road. Velaí os resultados: 54-7 a Italia, 28-17 a Arxentina, 16-9 a Nova Zelandia, e 57-14 a Estados Unidos. IT Xa postos podemos lembrar tamén os Tests de xuño (AKA Spring Tours) onde se impuxo en dous dos tres xogos con Australia. Levou o 6 Nacións con Grand Slam. E antes, no outono de 2017: 38-3 a África do Sul, 23-20 a Fiji e 28-19 a Arxentina. E aí segue desde hai anos empolincada no segundo posto do ranking da IRB, e reducindo cada vez máis as distancias cos Kiwis. IT Reflexo dese potencial, o palizón que lle meteu Munster a Edinburgh onte na Pro14. Connacht, Leinster e Ulster xogaron hoxe, así que toca velos mañá, como non, no sofá e cunha birra na man. Para a vindeira semana e a seguinte, as catro provincias teñen cita na terceira e cuarta xornada das copas europeas, Connacht na Challenge e o resto na Champios. Happy Rugbeer.

Monday update


Se Munster palizou a Edinburgh (44-14) para meter presión a Glasgow na conferencia A, Leinster segue intratable no alto da conferencia B e tampouco tivo piedade dos Dragons (10-59). Entre os dous, espectacular colección de ensaios. Oito para Munster: Farrell (2), Conway (2), Earls (3) e Bleyendaal. Nove para Leinster: Kearney (2), Penny, Fardy, Doris, Keenan, Byrne e O'Brien (2).

Vitorias máis discretas de Connacht (17-21 na casa dos Cheetahs) e de Ulster (16-12 ante Cardiff Blues) e ambos os dous terceiros nas súas respectivas conferencias.

Volveu Conor Murray, todo ben. Peter O'Mahony enorme, coma se non viñera das batallas de novembro. Coidadín con Chris Farrell, boa besta.

Chiou o fala-de-balde do Trecet --despois do IREvARG-- que Rory Best non aguantaba un partido máis e, que se estaba aí, era por cuestións políticas. Pois menos mal. Despois do partidazo contra os All Blacks non dixo máis nada del. E dubido moito que vira o sábado como remontaba el soíño na segunda parte o resultado con Cardiff. Agora falo eu de balde: o mellor hooker que tivo Irlanda. E se non é o mellor do hemisferio norte, que me leve o demo.

Vindeiro finde:

Champions Cup

* Scarlets v Ulster, venres 7, 20:45 (CET), Parc y Scarlets, Llanelli
* Bath v Leinster, sábado 8, 16:15 (CET), Recreation Ground, Bath
* Munster v Castres Olympique, domingo 9, 14:00 (CET), Thomond Park, Limerick

Challenge Cup

* Connacht v Perpignan, sábado 8, 16:00 (CET), The Sportsground, Galway

This article is under the CC-BY-SA license.

Login or use your Fediverse account to interact with this article

Comments

No comments yet. Be the first to react!