Instalación LineageOS en MotoE (2014)

unha nova vida para o MotoE

Written by XoseM October 12, 2018

Proxecto LineageOS

Teño un MotoE de primeira xeneración (2014) que cumpleu ben, pero agora pode ter unha segunda vida grazas ao proxecto LineageOS.

pantalla principal tras instalar lineageOS 7.1 no motoE LineageOS 14.1 (android 7.1.2) no MotoE (XT1021) de 2014

Instruccións de instalación

Instaleille un Android 7.1.2 a un dispositivo de hai 4 anos!! E funciona fluídamente!!

Instruccións e Descargas

Na ligazón anterior están as ligazóns as descargas necesarias, pero necesitas instalar:

Os pasos necesarios están perfectamente descritos dun xeito claro, pero si nunca o fixeches (como no meu caso) vai con xeito e lendo un par de veces as instruccións concretas para cada paso e asegúrate de que fas o descrito.

Unha vez instalado adb e desbloqueado o bootloader, trátase de instalar o arranque TWRP que nos permite instalar a imaxe de LineageOS que descargamos desde a web de LineageOS.

Capturas de pantalla

datos da compilación

datos do sistema instalado

Idioma

Durante o proceso de inicio do sistema podemos escoller o idioma galego

lineageOS galego

Esto é de agradecer a toda a comunidade (ou persoa) que fixo a tradución, aínda que hai palabras utilizadas que creo non son totalmente axeitadas. Mais grazas!

Editado: o proxecto está en Crowdin para colaborar, así que haberá que ir por alí 😉

Engadindo software

Durante o proceso de flasheado ofrécese a posibilidade de instalar as GoogleApps. Eu non o fixen.

Pódese comezar engadindo f-droid e a partir de ahí, a través de Aurora, instalar algunha aplicación da tenda de google que creas necesaria e non teña alternativa en f-droid ou outro repositorio libre.

Editado: instruccións para actualizar o sistema a unha nova versión, que esto ocurréuseme agora, pois hai unha nova cada semana (hai que ver o rexistro de cambios).

As actualizacións OTA están, aparentemente, xestionadas por TWRP pero está por ver si se realiza correctamente (lin opinións contrarias). BTW, poder xestionar o software instalado da a tranquilidade de que aínda que algo falle pódese restaurar o sistema.


Fixeches este proceso con algún outro dispositivo? Cal foi a túa experiencia?

Podes comentar este artigo utilizando a túa conta no fediverso, non precisas abrir unha conta en este servidor, aquí federamos!.

CC BY-SA

This article is under the CC-0 license.

XoseM

Feeding the fediverse here. About: xmgz.eu

Login or use your Fediverse account to interact with this article

Comments

No comments yet. Be the first to react!