Biscoito de castañas - Larpeiros TVG

transcrición da receita de biscoito de castañas que fixeron en Larpeiros TVG

Written by XoseM December 9, 2018

Biscoito de castañas - Larpeiros TVG

Fonte: Larpeiros-TVG, 4 de Nadal 2018

Ingredientes

Preparación

Poñemos nun cazo grande o leite ao lume e cocemos as castañas peladas durante unha hora aproximadamente. Un vaso do leite de cocer apartámolo para o biscoito, pois terá o gusto das castañas. Espelexamos as castañas cocidas, picámolas ben e reservámolas.

Podemos ir poñendo o forno a 180º para que vaia quencendo e tamén untar o molde desmontable con manteiga e enfariñalo.

Nun bol bater manteiga e o azucre (200gr. cada un) para empomar a manteiga, e cando xa están ben misturados ímoslle engadindo os cinco ovos, un a un. Agora ven a fariña de trigo, o bicarbonato e o lévedo. Todo peneirado ben miudiño e engadímolos de xeito progresivo a mezcla mentras seguimos batendo.

A esta mezcla engadirémoslle agora o vaso de leite de cocer as castañas, a fariña de castaña, o licor (viño doce, etc.), as castañas cocidas e picadas e finalmente as pedriñas de chocolate. Misturamos todo ben coa culler de pau e pasamos ao molde enfariñado.

O forno xa estará a 180ºC e cocemos durante aproximadamente 40 minutos.

Presentación

Tras cocer o biscoito, e deixar arrefriar uns minutos, espolvorexamos azucre glass por enriba. Fundimos un pouquiño chocolate e adornamos con fíos ou ao gusto. Finalmente colocamos algunha castaña confitada a xeito de adorno.

Bo proveito

Transcrición propia

This article is under the CC-BY-SA license.

XoseM

Feeding the fediverse here. About: xmgz.eu

Login or use your Fediverse account to interact with this article

Comments

XoseM xosem@fediverse.blog

Pictures are missing (server bug), but I'll upload them to any other place ASAP. Sorry.

Respond