Acompañando ao vento

dusty springfield running for real with diego a. manrique

Written by XoseM December 29, 2018

Rápido! Escribo esto aínda baixo os efectos das endorfinas que fabriquei hai un anaco correndo 👣 unha hora ao xeito. Dentro de un anaco todo perderá sentido, como se fose a experiencia de un ser alleo. Rápido! que non se perda!

comezando polo final

dusty springfield - I only want to be with you

Cando corro ao xeito do corpo, case sen esforzo, cando o único esforzo é a concentración necesaria para non correr demasiado rápido, resultame moi cómodo ir escoitando algún programa de radio enlatado, un podcast. Tras rematar o anterior, saltou automáticamente El Planeador, de Diego A. Manrique. O programa está dedicado a Dusty Springfield sendo a primeira canción o éxito I only want be with you. Escribo esto a conto das endorfinas de marras, porque estaba xa no último quilómetro, co vento en contra, o sol-que-non-quenta na cara, e cantando xunto a Dusty. Non puiden máis que sorrir ao darme conta e agradecer o momento.

Tina Muir - Running for Real

A maior parte do tempo fun escoitando a Tina Muir xunto a Siri. Falaban tamén da importancia de ser conscientes do afortunados que somos as persoas que corremos (ou facemos deporte). Non se referían só a práctica deportiva recreativa como expresión de un desexo interno de mellorar, de sentirse mellor, se non como a expresión de pasar das palabras aos feitos, de ter mostrado a vontade de tomar a iniciativa e non conformarse. Eles chámanlle grit.

Cando creas que estás correndo fatal, que non vas a ningún sitio, que non vales para esto (aplíquese a calquer ámbito da vida), pensa en que tiveches valor para levantar o cu do sofá e dar ese primeiro paso.

Atopa o teu motivo, o purpose, que che dará esa enerxía para ser mellor correndo, adestrando, querendo a quen te quere, sacando adiante a familia, ... o que queiras.

Acompañando ao vento

O título do artigo ven a conto do inicio da saída esta mañán. Facía vento con certa intensidade, a favor en esta primeira parte polo que só sintes unha pequena brisa e que vas moi cómodo. Sabes que ese vento vaiche pegar en todo o morro dentro dun anaco, a volta.

imagxe do artigo

Why do birds make a V formation

Buscando unha imaxe para ilustrar o artigo, atopei esta de unha formación moi semellante. No artigo onde se publica explican as razóns de que voen así:

Resumindo, eficiencia aerodinámica que favorece o aforro de enerxía.

Tamén disfruto de montar en bicicleta, e si correndo o vento é molesto, xa non che digo nada na bicicleta. A sensación é de estar gastando todas as túas enerxías e nin te moves do sitio. Debido a este gasto de enerxía que se produce ao ir contra o vento (proporcional ao cadrado da velocidade, por eso multiplícase o efecto canto máis rápido vas ou che sopla o vento) sempre intentas minimizar a exposición ao mesmo cando vas en grupo poñéndote a sotavento do que levas diante.

Eran oito os cormoráns que vin, facendo case unha frecha con sete en liña e só un do lado do vento. Pensei en qué mecanismo, que instinto se activa en eles cando ao levantar o voo deciden porse a voar así. Supoño que é algo tan natural como ir andando pola sombra no mes de xullo, non fai falta nin pensalo de xeito consciente.


comenta este artigo desde a túa conta no #fediverso

This article is under the CC-BY-SA license.

XoseM

Feeding the fediverse here. About: xmgz.eu

Login or use your Fediverse account to interact with this article

Comments

No comments yet. Be the first to react!